❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

DHOGS [largometraje]

DHOGS es un proyecto cinematográfico protagonizado, entre otros, por MARTA LARRALDE, CELSO BUGALLO e IVÁN MARCOS. Una película de ficción de factura gallega que parte de una inversión inicial propia. Impulsada por Gaitafilmes y Pixel films, dos jóvenes productoras rebosantes de ilusión.

GAITAFILMES

Un proyecto de

Categoría

Creado en

Meira
0
segundos
158
Aportaciones
12.685€
De 7.000€
Aporta al proyecto
Ver proyecto en Galego

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:
Volver a todas las actualizaciones

#02 / SOBRE A PRODUCIÓN DE DHOGS. CAPÍTULO 1.

Non cabe dúbida de que, para unha pequena produtora como Gaitafilmes, o salto da realización de humildes curtametraxes á dunha longametraxe destas características é inmenso, e supón un enorme reto a todos os niveis. Unha das facetas que máis evidencia esta realidade é a das labores de produción.

Acostumados como estabamos a encarar as rodaxes exentos de presión, onde todos faciamos case de todo, onde os matices das curtas se debatían cos amigos tomando cañas nalgún bar e o atrezzo se conseguía preguntándolle a aquel ou aqueloutro, a nova tarefa pareceunos, ó principio, abafadora. ¿Por onde empezar?

Pois ben, o certo é que a cousa non cambiou tanto... os detalles da peli son motivo habitual de conversa (as cañas seguen aí), boa parte do atrezzo segue aparecendo entre os amigos dos amigos e aínda que dividimos o traballo en parcelas para organizarnos un pouco, ó final todos metemos os fuciños na eira dos demais.

¿Logo vén a ser o mesmo só que máis grande? Home, nin tanto nin tan pouco. En primeiro lugar non tiñamos experiencia nin equipo para darlle a calidade e profesionalidade técnica que desexamos para este proxecto. Necesitabamos axuda, un coprodutor, e a primeira opción sempre foi Pixel Films. O acordo foi case inmediato, e supuxo o maior paso adiante para que DHOGS, finalmente, chegue a ser película. Tralas primeiras reunións boa parte do equipo técnico quedou esbozado e os ritmos de produción empezaron a definirse.

Tocaba pois buscar financiamento e ir perfilando o reparto. Para vender mellor o proxecto queriamos poder presentar algunha cara recoñecible do panorama audiovisual galego. O difícil, así nos parecía, sería chegar a convencelo sen poder ofrecerlle unhas condicións claras dado que, a día de hoxe, os orzamentos que manexamos son hipotéticos (ideais os unhos e “de guerra” os outros). Por sorte, as respostas que fomos recibindo superaron con creces a mellor das expectativas que puideramos imaxinar. Pero isto xa ten miga abonda para outro capítulo ;)

3 comentarios

Inicia sesión o Regístrate para comentar esta entrada.

  • patrona de Jaca Huesca

    patrona de Jaca Huesca

    casi 11 años

    Xa. pouco falta ,seguide a tope ,que vais moi ben.Sois uns currantes.Estou esperando que falten cinco euros para participar .Vais moi ben ¡ánimo! y adelante

  • GAITAFILMES

    GAITAFILMES
    Autor/a

    casi 11 años

    Gracias por animarnos tanto Gon!!! Que gusto! (Andrés)

  • Gonzalo

    Gonzalo

    casi 11 años

    seguid asi que ya casi lo teneis. un abrazo

#10 / ENTREVISTA A SUSO LÓPEZ NO BLOG!

Moi boas! Para que coñezades un pouco mellor a función do produtor do cine e a importancia do seu papel para o correcto funcionamento dun proxecto audiovisual, deixámosvos coa persoa que máis sabe disto. Que faríamos sen ti, Suso! :)

Suso López
Suso López

ENTREVISTA:

- Como produtor de Dhogs, cales foron os maiores retos aos que te enfrontaches?

No meu caso particular foi aprender sobre a marcha o máximo posible sobre o que debe facer un produtor dunha longametraxe, xa sabíamos cousas e tiña unha certa experiencia, pero foi un mundo novo afrontar un proxecto así. Máis concretamente os maiores retos que nos atopamos foron os de ir conseguindo o orzamento e os apoios necesarios, e tamén a xestión económica do proxecto. E logo, de cara a rodaxe, o máis difícil é cadrar os plans de rodaxe, atopar datas que cumpran os requisitos de todos os involucrados: equipo técnico, actores, localizacións, horarios, aloxamentos… Xestionar tanta xente é complicado pero cando todos poñen da súa parte, daquela


leer más

#09 / AS COUSAS VAN INDO BEN / LAS COSAS VAN BIEN

*Día de chuvia en Almería

Ola amigos,

As cousas van indo ben. Xa quedaron atrás as rodaxes de Galicia e tamén a aventura da rodaxe por Almería. As cousas non foron fáciles en ningún dos casos, pero tampouco foron imposibles, así que, como bos galegos... imos indo!

Agora estamos onde queremos estar... Estamos editando a peli, a pouquiños, sen présa pero sen pausa. O de que vaia despacio... é maiormente porque non nos podemos permitir dedicarnos exclusivamente a isto.

Ata o de agora, do que temos montado, pinta bastante ben, sen deixar de ser unha peli un tanto peculiar... pois hai moi boas sensacións!

A 3ª e última.

Quedounos por rodar un par de escenas que queríamos deixar para o final, e a iso andamos! Arrancando os motores para rodar os dous últimos días en Bastiagueiro.

A esa frase mítica que no seu día manifestou Alfred Hitchcock... << Que nunca se che pase pola cabeza facer unha película con animales, nin con nenos, nin con Charles Laughton >> Pois a nós tan só nos

leer más

#08 / SOBRE AS RECOMPENSAS, SOBRE A PELI

SOBRE AS RECOMPENSAS

Xa fomos entregando ou enviando gran parte das recompensas de crowdfunding: As que podemos entregámolas en man, así abaratamos costes e falamos un pouco sobre diversos temas da actualidade. Outras enviámolas por correo ordinario aló onde sexa, Inglaterra, San Sebastián, BCN.. así que se eres de lonxe e non temos posibilidades de vernos, deberíache chegar un paquetiño DHOGS estes días. Se non fose así, podes escribirnos a quenvai@gaitafilmes.com e xa solucionamos o tema.
·Aqueles que levan un ou varios packs de CERVEXAS artesás debedes saber que antes do Nadal xa as poderedes degustar, as cousas van máis lentas do que tiñamos pensado, pero van!
·Os DvDs será o último que entreguemos, deberíamos rodar antes! Pedímosvos paciencia ;)
·Para os que asistades á Gran festa final de filme, crearemos unha plataforma sinxela onde poderedes ver o que vai pasar alí dentro. Avisaremos!

SOBRE A PELI

Estásenos retrasando, que por outra parte aínda se agradece, as cousas van

leer más

#07 / IMOS TIRANDO: SOBRE O PROXECTO E O CROWDFUNDING!

Como bos galegos, imos tirando! E din os que xa levan experiencias nesto de facer longametraxes que é necesario estar ó 100% de enerxía, ou incluso máis, para afrontar un proxecto de tales características. Son tantas as variables que che poden frustar o proxecto que necesitas dunha forza maior para levantar o ánimo cando as cousas non van como un pensa. E así é, as cousas non son o ideais que algún día soñamos, uns días avanzamos e chocamos a man a peito inchado e outros temos que tirar desa enerxía para levantarnos o ánimo.

É un proxecto difícil, en situacións complicadas, e é por iso que as datas se van retrasando lixeiramente no tempo. As ganas de querer sacar o proxecto adiante son do peso dun xigante, pero como non se fan películas todos os días preferimos coller dous metros de distancia, pensalo ben e mirar de facer as cousas do xeito máis intelixente. As présas nunca foron boas, e antes de lanzarnos á rodaxe preferimos telo todo ben amarrado e calculado para minimizar os


leer más

#06 / ¡Verkami finalizado! ¡Gracias a todos, por todo!

(galego)

Ola amigos! Bo luns a todos! :D

A campaña de Dhogsfilme en Verkami rematou e estamos moi felices por recibir tanto apoio, gracias á axuda de todos vós conseguimos superar con creces o noso primeiro obxectivo e recaudar unha cantidade de diñeiro que será de vital importancia nos presupostos da peli e moi necesaria para levar a cabo todo o que nos aveciña. Sodes xeniais, caralludos, fóra de serie... e toda a retahíla de adxetivos das nosas recompensas!! :) olé!!

Non nos cansaremos de agradecer a todo o mundo a axuda prestada estas últimas semanas, i é que non se trata só de mecenas que poñen diñeiro, senón de moita xente que nos botou unha man desinteresadamente coa difusión en redes sociais, compartindo e falando da peli, repartindo flyers e poñendo carteis, comentándoo no bar, seguindo as noticias en prensa, levando con orgullo as nosas camisetas, ofrecendo a súa colaboración, o seu talento e o seu traballo. Tamén coa súa enerxía na rúa e con iniciativas customizadas. O



leer más

#05 / SOBRE A PRODUCIÓN DE DHOGS. CAPÍTULO 2.

Ben, estamos entrando na recta final desta campaña de crowdfunding, co obxectivo principal superado e traballando coa ilusión de conseguir un último pulo que nos leve a unha cifra final desas que, nun principio, nin nos atreviamos a mencionar máis que nalgún “Bua! Imaxinas se chegásemos aos...”. A verdade é que non hai palabras que cheguen para agradecerlle tanto a tanta xente, esperamos estar á altura.

Pero esta campaña non é o único que avanza, neste tempo non deixamos de teimar en asuntos diversos: buscar patrocinios, barallar localizacións, ir pechando o equipo técnico... Máis nesta entrada queremos compartir a nosa experiencia cun dos aspectos que máis alegrías nos está dando, a formación do reparto.

Algúns, na nosa ignorancia, esperabamos que a cousa fose máis complicada... falamos, nos máis dos casos, de artistas de sobra contrastados. Xente que se gaña a vida con isto e non precisamente por proxectos tan humildes coma o noso. O certo é que non sei moi ben se foi o guión, a

leer más

#04 / PRIMER OBJETIVO ALCANZADO!! MIL GRACIAS!!

Ola amigos!!! Acadamos o noso obxectivo inicial!! 7.000€ nos primeiros 27 días gracias a todos os que nos axudastes!! Sodes caralludos!!

O apoio que recibimos nestas últimas semanas foi incrible en todos os aspectos, e non poderiamos estar más contentos coa evolución do proxecto. Gracias totais!!!

Pero isto aínda non rematou...

Como comentamos na descrición do proxecto, os 7.000€ son só unha parte do que precisamos para completar o orzamento, unha meta que consideramos realista e que gracias a vos xa conseguimos! Yeah!! Acadar este obxectivo asegúranos recibir as vosas aportacións e chegar aos mínimos para realizar a película!!

Con todo, aínda quedan 13 días e precisamos de todo o apoio posible!! Pasar dun orzamento de mínimos a un algo máis folgado pode marcar a diferenza: mellores localizacións, mellor atrezzo, retribucións máis xustas para técnicos e artistas, menos limitacións na prosprodución... Cada novo mecenas axudaranos a facer unha película mellor e en mellores



leer más

#03 / SOBRE DHOGS - HACIA DONDE VIAJAN LAS MIRADAS DEL DIRECTOR.

“Influenciado por buenas y no tan buenas películas, por buenos y no tan buenos narradores, intento estar atento a todo lo que rodea un filme y guardar aquello que más me estimula o emociona de cada uno de ellos. Sea la manera de contarlo, la manera de plasmarlo o simplemente un detalle casi imperceptible, un “click” en mi mente que se transportó automáticamente a mi particular base de datos de los pequeños detalles.

Considerándome un ecléctico total, y siendo la mezcla, como nombre propio, una de las fórmulas básicas de casi todo, puedo referenciar este filme a muchos y muy dispares estilos del arte contemporáneo.

Siempre desde la parte oscura de la realidad, por veces la ternura o por veces la parte desapiadada de la vida, mi gusto gira siempre entorno a maestros de estos mundos oscuros. Casi con seguridad pueda decir que DHOGS nace de un guiño a Murakami o Bukowski, grandes cineastas del papel que transportan imágenes en cada palabra. - Una de mis obras literarias favoritas,

leer más

#02 / SOBRE A PRODUCIÓN DE DHOGS. CAPÍTULO 1.

Non cabe dúbida de que, para unha pequena produtora como Gaitafilmes, o salto da realización de humildes curtametraxes á dunha longametraxe destas características é inmenso, e supón un enorme reto a todos os niveis. Unha das facetas que máis evidencia esta realidade é a das labores de produción.

Acostumados como estabamos a encarar as rodaxes exentos de presión, onde todos faciamos case de todo, onde os matices das curtas se debatían cos amigos tomando cañas nalgún bar e o atrezzo se conseguía preguntándolle a aquel ou aqueloutro, a nova tarefa pareceunos, ó principio, abafadora. ¿Por onde empezar?

Pois ben, o certo é que a cousa non cambiou tanto... os detalles da peli son motivo habitual de conversa (as cañas seguen aí), boa parte do atrezzo segue aparecendo entre os amigos dos amigos e aínda que dividimos o traballo en parcelas para organizarnos un pouco, ó final todos metemos os fuciños na eira dos demais.

¿Logo vén a ser o mesmo só que máis grande? Home, nin tanto nin tan

leer más

#01 / SOBRE LAS RECOMPENSAS

Puedes elegir entre una gran variedad de aportaciones/recompensas: Un cuidado guion de bolsillo, cerveza artesana Áncora edición especial Dhogs, camisetas a tu gusto, descargas, DVD's, escapadas rurales, fiesta con el equipo, estrenas, packs, inversiones, salir de extra...

Sea cual sea la opción que elijas, al finalizar esta fase de crowdfunding recibirás en tu domicilio una tarjeta acreditativa que certificará tu colaboración con el proyecto como: Productor Genial, Fetén, Cojonudo, Fuera de Serie, Alfombra Roja...

Unos meses despues, tan pronto como finalicemos el trabajo de producción, nos encargaremos de hacer llegar las recompensas a cada productor.

Cada detalle será cuidado al máximo, somos plenamente conscientes de la consideración y respeto que merecen quiénes confíen en nosotros.

Ah! Los gastos de envío están incluídos en todas las recompensas.

leer más
Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies