• Paula Meizoso

    Paula

    más de 7 años

    Boas, non sei se houbo un problema, por que non recibin a miña recompensa polo mecenado. Grazas e un saúdo-

  • Galiza Ano Cero

    Galiza Ano Cero
    Autor/a

    12 años

    Ola, Adrián.

    Agardamos que non haxa máis atranco ca o económico para facerche chegar á Hungría as túas recompensas.

    Grazas polo teu apoio!

  • Adrián Magro

    Adrián Magro

    12 años

    Cara señora,

    eu fixen unha achega por valor de 30 euros, mais agora vivo na Hungría, a miña pregunta é se vos será posíbel enviar as cousas (a bolso de tela, chapa, caderno) acó.

    Saúdos e folgos!

  • Galiza Ano Cero

    Galiza Ano Cero
    Autor/a

    12 años

    Ola, Carme.

    Esta campaña ofrece dúas versións, unha en galego, a nativa, que nós escollemos como preferente, como nativa, e outra en castelán.

    Se che aparece en primeira instancia a versión castelá é porque o navegador que estás a usar ten esa lingua como predeterminada.

    Graciñas pola túa achega e o teu interese. Un saúdo!

  • carme

    carme

    12 años

    Acabo de facer unha aportación e botando unha ollada por aquí. Estou "bastante sorprendida" de que unha e outra vez a páxina apareza en castelán, incluso o saúdo de benvida, despois de darme de alta, é en castelán!!!! como é isto?

    sorte e traballo

  • Galiza Ano Cero

    Galiza Ano Cero
    Autor/a

    12 años

    Ola!

    Imaxino que será posíbel anular unha das achegas, pero iso está fóra do noso control. Escribe a info@verkami.com e pregúntalles cal é o procedemento.

    Se non tes sorte, avísanos a info@galizaanocero.tv e intentamos resolvelo nós.

    Grazas polo teu apoio e desculpa as molestias!

  • María

    María

    12 años

    Buenos días, como no estoy muy al día de como funcionan estas páginas, he hecho la aportación dos veces,¿ hay forma de anular una?

  • Galiza Ano Cero

    Galiza Ano Cero
    Autor/a

    12 años

    Moitas grazas! Podes contactar coa comunidade de Galiza Ano Cero sempre que queiras a través do enderezo info@galizaanocero.tv. Un saúdo!

  • M.C.C

    M.C.C

    12 años

    Paréceme moi bo este proxecto e coma socióloga encantaríame poder participar do xeito que sexa, debates, entrevistas ou calquera modo de acadar e distribuir cultura e información.

  • Galiza Ano Cero

    Galiza Ano Cero
    Autor/a

    12 años

    Boa pregunta, Dani.

    Goteo era a nosa primeira opción, polas razóns que mencionas, pero cando iamos propoñer o noso proxecto aos xestores da plataforma soubemos que había outro, moi interesante, tamén galego e dalgún xeito complementario ao noso (Adtlántida.tv), que tiña todo preparado xa para iniciar a súa campaña de recadación con eles.

    Nese intre decidimos –quen sabe se acertamos ou non– buscar outra alternativa, única e exclusivamente para evitar que as campañas se obstaculizasen entre si. Esa alternativa foi Verkami.

    Grazas polo teu interese!

Mostrar más comentarios...