❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Delincuente, nova produción audiovisual de Nuria Vil

Unha obra visual que rescata a historia da cidade de Vigo dos 80 a través de La Maradona e a poesía galega contemporánea.

Nuria Vil

Un proyecto de

Categoría

Creado en

Vigo
0
segundos
129
Aportaciones
5.365€
De 4.800€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

#10 / Multicines Norte Vigo | Proxección

Ola, mecenas!

O vindeiro mércores 26 de febreiro ás 19:30 vémonos nos Multicines Norte de Vigo! Ensaia será a nosa anfitrioa para celebrar que hai xa 2 anos que recibín a bolsa que deu o primeiro pulo a este proxecto :D.

Para comprometer a asistencia: as entradas teñen unha contribución simbólica de 2,50€ e poden adquirirse nesta plataforma.

Identidade gráfica: Sayre Domínguez e Max Xavier Moreno Pérez
Identidade gráfica: Sayre Domínguez e Max Xavier Moreno Pérez

Que isto non sexa impedimento para que alguén asista... Se polos motivos que sexa non podes facer fronte á entrada, pero queres vir, simplemente escríbeme. É unha medida para evitar atoparnos a sala baleira.

PARA AS RECOMPENSAS:

Axúdame moito se confirmades asistencia para prepararvos os paquetes!

Grazas de novo pola vosa confianza!

Apertas e delincuencia

Nuria

leer más

#09 / Pase único Sala Numax Compostela

Moi boa noite a todes, mecenas!

O vindeiro sábado 25 de xaneiro ás 12h teremos un pase único na Sala Numax de Santiago de Compostela... Coa intención de dar un empurronciño a esa posíbel candidatura aos Premios Mestre Mateo ;)

As entradas teñen un prezo simbólico de 3e e están xa dispoíbeis na web de Numax.

Para quen poidades asistir: agradezo que mo confirmedes para que poida levar as vosas recompensas.

Temos a fortuna de que nos acompañe parte da equipa técnica e de figuración; Andrea Nunes (poeta, activista e delincuente) encargarase de presentar a curta e eu non podo estar máis emocionade.

ADEMAIS: nas vindeiras semanas Delincuente estará na plataforma Filmin! E tamén en Vigo!

Moitas grazas de novo pola vosa confianza!

Saúde e delincuencia!

#08 / Delincuente | Candidata Premios Mestre Mateo 2025

Ola, mecenísimas!

Esta mañá confirmouse que Delincuente está na listaxe de candidatas aos Premios Mestre Mateo 2025, na categoría de mellor curtametraxe de imaxe real.

Ata o día 27 de xaneiro está aberto o prazo de votación para socios e socias da Academia Galega do Audiovisual... Así que se tes ao teu arredor académiques: lémbralles que poden ver Delincuente como socies e decidir se queren votarnos.

Estaría bonito chegar a finalistas, va que si? ;)

Apertas e feliz aninovo para todes!

#07 / Noraboa, delincuentes!

Delincuente volve do Festiva Intersección de A Coruña con dous premios como recoñecemento ao traballo de toda a equipa.

Por unha banda o Premio do Xurado Novo e pola outra o Premio MAV, outorgado pola Asociación de Mulleres no Audiovisual, que destaca a dirección de Alba Domínguez.

Ámbolos dous premios escollen a obra de entre todas as presentadas ao festival, así que é moi ilusionante saber que a peza conseguiu emocionar do xeito que fose.

É unha sorte recibir este recoñecemento ao traballo de toda a equipa.

Moitísimas grazas a todes pola vosa confianza!

Paseniño, estamos (estou, Nuria) traballando para programar máis proxeccións cerca de vós.

Apertas e delincuensia!

Fotograma a curta e os dous loureiros dos premios.
Fotograma a curta e os dous loureiros dos premios.

leer más

#06 / Proxección A Coruña | venres 25 20h

Ola de novo, mecenas!

Houbo un cambio na programación do que non me enterei ata onte: Delincuente proxéctase o venres 25 de outubro ás 20h nos Cines Cantones dentro da sección Galicia 2 do Festival Intersección.

Foto fixa en rodaxe: Xiana Quintas
Foto fixa en rodaxe: Xiana Quintas

Podedes mercar as vosas entradas para a sección Galicia 2 por 3,5€ neste enlace.

Desculpade a info confusa; a data mudou de mércores a venres. Eu non poderei acompañarvos, xa que a esa mesma hora estarei formando parte do Festival Venhan as Cinco en Pontevedra. Déixovos a programación. Se alguén quere achegarse a Pontevedra, aí si poderei entregarvos as recompensas.

Programa de man Festival Venhan as Cinco
Programa de man Festival Venhan as Cinco

Grazas pola vosa paciencia e polos vosos azos

leer más

#05 / Delincuente en A Coruña!

Ola, mecenas!

O vindeiro 23 de outubro ás 20h Delincuente proxéctase na sección competitiva Galicia 1 dentro do Festival Intersección nos Cines Cantones de A Coruña!

As entradas a toda a sección e ás proxeccións nos Cines Cantones teñen un prezo bastante simbólico de 3,5€ e podedes mercalas neste enlace.

Fotograma Delincuente (2024, dirixe Alba Domínguez).
Fotograma Delincuente (2024, dirixe Alba Domínguez).

Se calquera de vós vai asistir, facédemo saber para que vos achegue as recompensas. Van sempre no coche, pero ese día non poderei entrar coa Vespino en Los Cantones Village... Así que agradezo sempre o aviso previo para preparar o macuto portátil.

Moitísimas grazas polo voso apoio!

Agardo que poidamos vernos en Coruña e mantéñovos informades de tódalas novidades delincuentes.

Lembrade que podedes escoitar a banda sonora de palabra falada + electrónica experimental composta por MorlitaM (Olga Martínez) e gravada/posproducida por Pedro Iglesias (Petrowski) en tódalas plataformas dixitais (Spotify, Youtube...).

Fotograma Delincuente (2024, dirixe Alba Domínguez).
Fotograma

leer más

#04 / 5 de outubro proxección Sala Rebullón 18h

Este sábado 5 de outubro o noso Petrowski presenta o novo disco en directo con tódalas colaboracións na Sala Rebullón de Mos e para celebrar: ás 18h proxectamos Delincuente!

Petrowski encargouse de gravar en estudo e posproducir a BSO de Delincuente (que podedes escoitar en Spotify) na que mesturamos a electrónica experimental de MorlitaM coas miñas palabriñas.

Vamos, que como é da familia: non podedes faltar!

Entradas anticipadas para todo o sarao 5€

Cartel 5 outubro sala rebullón
Cartel 5 outubro sala rebullón

Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿

A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟

Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora






leer más

#03 / Ano delincuente!

Feliz ano delincuente, delincuentes!

Nos vindeiros meses tanto a curta como as recompensas chegarán a vós :D

Este é un aviso de que todo segue o seu curso, paseniño. As recompensas aínda non están preparadas para entregar e tampouco a curta para que poida chegar ao público.

Imos pasiño a pasiño, a ritmo lento, coa intención de coidar ao máximo a estrea e poder dar un percorrido lindo ao que creamos.

Todes recibiredes aviso tanto da estrea como dos puntos de recollida das recompensas: por aquí, por correo electrónico e por todas as miñas redes (Instagram, TikTok, LinkedIn, Facebook, Twitter).

Déixovos un par de agasallos en forma de foto: todas son de Xiana Quintas que fixo o traballo de foto fixa durante a rodaxe e recolleu imaxes lindísimas!

Foto fixa: Xiana Quintas. Durante a rodaxe en xullo de 2023.
Foto fixa: Xiana Quintas. Durante a rodaxe en xullo de 2023.

Foto fixa: Xiana Quintas. Figuración e parte da equipa técnica durante a rodaxe de Delincuente en xullo de 2023.
Foto fixa: Xiana Quintas. Figuración e parte da equipa técnica durante a rodaxe de Delincuente en xullo de 2023.

Foto fixa: Xiana Quintas. Figuración e equipa técnica durante a rodaxe de Delincuente en xullo de 2023.
Foto fixa: Xiana Quintas. Figuración e equipa técnica durante a

leer más

#02 / Porfa respondede ao correo!

Ola de novo, mecenas!

Desde o 3 de agosto tedes dispoñible un formulario no que indicar o voso talle de camiseta, nome para figurar en créditos etc.

Pecha en 4h e despois non poderei contactar convosco. É a única forma que teño de xestionarvos a 129 persoas...

A recompensas NON están dispoñibles.

Queremos telas a finais de ano, pero para iso é necesario empezar a traballar en setembro e que respondades a ese formulario!

Moitas graaaazaaaaas!

Prégovos que respondades!

Apertas!

#01 / OLI DELINCUENTEEES

Ola a todes, mecenas querides!

Moitísimas grazas a todes por formar parte de Delincuente! Por aquí persoalmente sigo a repoñerme das emocións de todos estes meses de traballiño duro. A rodaxe foi os días 10 e 11 de xullo en Vigo e pasamos un día divertidísimo dentro do esgotamento que supón un traballiño así :D.

Aquí unha parte de figuración + equipa durante a comida
Aquí unha parte de figuración + equipa durante a comida

Agora queda o traballo invisible ata que chegue a vós: montaxe, corrección de cor, deseño gráfico, distribución... Aínda que o vídeo xa está gravado, a estrea non será ata finais de ano.

Hoxe mesmo puiden enviarvos os formularios para recoller talles, cidades nas que estades, nomes para os créditos... Gustaríanos compilar toda esta info antes de que acabe agosto para poder facer o pedido de toooodas as recompensas a mediados de setembro. Unha vez que fagamos o pedido, cada cousiña terá o seu tempo de elaboración, así que prefiro que non contedes coas recompensas ata un prazo similar á estrea: novembro/decembro.

Prefir

Aquí á dereita a dire Alba Domínguez ultimando cousiñas coa dire de arte Antía Carreira canda figuración: Leo, Angy e Fani. E á esquerda Vero, de produción.

Aquí durmindo a sesta.

leer más
Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies