❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

GUIA DEFINITIVA DAS AVES DA GALIZA

A recreación dunha obra central do imaxinario ornitolóxico galego. Unha guía perdida, culta, naif e definitiva.

SORIANOURENSANA DE LIBROS

Un proyecto de

Categoría

Creado en

Santiago de Compostela
0
segundos
389
Aportaciones
11.115€
De 5.500€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

0 comentarios

Inicia sesión o Regístrate para comentar esta entrada.

#18 / PUNTOS DE RECOLLIDA ACTIVOS

Lembrarvos que os puntos de recollida de Compostela (Libraría Couceiro) e Ourense (Punto e Coma) xa están operativos.

Tamén continuamos a enviar polo correo.

Desculpade os atrancos coa distribución. Moitas grazas pola vosa comprensión coas nosas ineptitudes loxísticas.

libros listos para saír e coñecer mundo
libros listos para saír e coñecer mundo

#17 / PUNTOS DE RECOLLIDA EN VIGO E COMPOSTELA

COMPOSTELA

Arrokabe

Rúa San Pedro 94 2º

do 16 ao 20 de decembro

En horario de mañán (9:30 - 14:00)

por favor chamar antes ao 671 572 689

VIGO

Vai haber punto de recollida en Vigo

Avisamos en canto estea operativo !!

OURENSE

Vai haber punto de recollida en Ourense

Avisamos en canto estea operativo !!

presentando e repartindo (guías) onte na libraría Couceiro
presentando e repartindo (guías) onte na libraría Couceiro

#16 / DATAS CONFIRMADAS PRESENTACIONS SEMANA DO 16 AO 20

A VOAR !!
A VOAR !!

DATAS CONFIRMADAS DA XIRA DE PRESENTACIÓNS DA SEMANA ANTES DE NADAL

17 de decembro - 20:15 horas

A CORUÑA

Asociación Agra do Orzán

Rúa Entrepenas 38

18 de decembro - 19:00 horas

VIGO

Centro Visitantes Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Edificio Cambón, Rúa Palma 4. Casco Viejo (detrás da Colexiata)

19 de decembro - 20:00 horas

LALÍN

Café Camilo

Rua Joaquim Loriga, 7

Mirámonos!

asinando e numerando
asinando e numerando

Asinando, numerando e adicando libros ás carreiras!!

leer más

#15 / AVANCE DATAS PRESENTACIÓN-RECOLLIDA DE GUÍAS

O xoves 12
ás 19:30 do serán

gran presentación da Guía

na Libraría Couceiro

Praza de Cervantes 6 (no cerne da Cidade Vella)

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Alí teredes oportunidade de recoller as vosas recompensas e falarmos un bocadiño de paxaros

Desculpade o aviso tan enriba da data. Recibimos a confirmación da imprenta de que as guías xa estaban listas hai unha hora... Que nervios!!

Mirámonos!!

Outras presentacións confirmadas:

A CORUÑA

17 de decembro

Asociación Veciñal Agra do Orzán

Rúa Entrepenas 38

LALÍN

19 de decembro

Café Camilo

Estamos pendentes de confirmar unha presentación en VIGO

Ademáis en OURENSE estableceremos un punto de recollida en: Punto e Coma, Rúa da Paz 15

Seguiremos informando ;-)

#14 / A PIQUES, A PIQUES !!

Informan da imprenta que o libro xa está na encadernadora. Dixeron tamén que como moi tarde tardísimo estaría listo para o día 10.

Que nervios!

Para a semana mandaremos os formularios nos que confirmar os datos de láminas e dedicatorias. Neses formularios tamén recolleremos os datos de envío ou de recollida.

Estamos tamén a pechar a xira de presentacións nas que ademáis de falarmos de paxariños teredes oportunidade de recoller a vosa recompensa.

unha chasca á expectativa
unha chasca á expectativa

#13 / AÍ VAI A DESPEDIDA (DA CAMPAÑA DE VERKAMI)

Esta guía non tería sido posible sen a axuda e os ánimos que recibimos da máis marabillosa bandada de mecenas.

O noso agradecemento tamén aos medios que pousaron os ollos na Guía e lle deron difusión:
GCiencia portal de xornalismo e divulgación científica, O Barbanza-Edición Arousa Norte, Radio Galega e mais Sermos Galicia.

A Sonia e Fernando quenes corrixiron e modelaron a versión primixenia dos textos e mais á xente de Verkami por acoller e mirar polo proxecto con tanto xeito.

E por favor desculpade os atrancos e desfeitas dixitais na xestión da campaña. Éramos novatos!!

A campaña en Verkami remata o domingo 24 ás 15:00 horas. Despois seguiremos en contacto por email. Axiña informaremos dos seguintes pasos: como vai a edición, cando sae o libro á rúa (seguramente na segunda semana de decembro), datas e lugares das presentacións, cales os puntos de recollida...

Mandaremos tamén un email para que nos confirmedes os nomes (paxariños e persoas) das dedicatorias, o enderezo de

leer más

#10 / MELLORAS NA EDICIÓN PARA UNHA GUÍA AÍNDA MÁIS FERMOSA

Queremos aproveitar que a campaña está a marchar moi ben para introducir melloras na edición e facermos un libro aínda máis fermoso.

Aumentámoslle o tamaño a 17 x 24 cm (na foto do final vos facedes unha idea do aumento; non lle fagades caso ao texto, está en noruego).

Tamén melloramos a calidade do papel e máis a calidade da encadernación.

O luns entramos en imprenta!!

á esquerda o tamaño orixinal (15 x 21 cm) á dereita o novo tamaño (17 x 24 cm)
á esquerda o tamaño orixinal (15 x 21 cm) á dereita o novo tamaño (17 x 24 cm)

#07 / LISTA DE PAXARIÑOS PARA AS DEDICATORIAS

Aproveitando que a maquetación está a piques de rematar adiantamos un par de recortes coa lista de paxariños da Guía para que fagades a vosa escolla para as dedicatorias (achegas de 25 e 30 euros).

Tedes tempo para escoller -os que aínda non o fixestes- ate o fin da campaña (24 de novembro; e nese tempo podedes mudar de escolla cantas veces queirades). Ao final da campaña poñerémonos en contacto con todos vos para confirmar tanto o nome do paxaro como o nome da persoa da dedicatoria.

De todos modos, se alguén quere unha dedicatoria co nome dalgunha ave que non esté na lista pois supoño que non haberá problema. A equipa de poetas está lista ;-)

E se alguén se anima a compoñer a súa propia dedicatoria pois tamén é benvido. A equipa de poetas encargarase de transcribila.

leer más

#06 / PREDICIÓN ORNITOLÓXICA: CHEGARON OS MALVISES

Recibimos informes máis que fidedignos de que os malvises xa son chegados ás montañas de Cervantes e Ancares.

O tordo malvís, por nome científico Turdus iliacus, tivo un papel moi importante no nacemento desta guía.

É unha desas aves que veñen pasar o inverno canda nos.

Moitos dos que se achegan a Galiza veñen de Islandia, despois de cruzar as Illas Británicas e centos de kilómetros de mar.

Son grandes consumidores de froitos de acivro.

#03 / PREDICIÓN ORNITOLÓXICA

Atopámonos hoxe nunha xornada de transición á espera da entrada dunha fronte de paporrubios, picafollas, merlos e picas dos prados procedentes do norte de Europa. No mar, paso de mascatos de moderado a forte.

Vos imaxinades que houbese unha predición ornitolóxica semellante á predición do tempo?. E que a xente a consultase de cotío?. Que aspecto terían os mapas desa predición? Cales serían os seus símbolos?

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies