❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

El Gran Libro de los Señores Importantes

Este libro de arte reunirá la colección de retratos combustibles del proyecto "Adopta un Señor Importante", de Natasha Lelenco. 45 retratos e historias en una edición exclusiva que solo podrás adquirir a un precio especial a través de esta campaña. Edición trilingüe: Español, Gallego, Inglés.

Natasha Lelenco

Un proyecto de

Categoría

Creado en

Finisterre
0
segundos
150
Aportaciones
6.656€
De 5.400€
Aporta al proyecto
Ver proyecto en Galego, English y Italiano

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:
Volver a todas las actualizaciones

#03 / Grazas polo apoio!!! Agora ven o máis difícil: A pola segunda metade!!!

Coas vosas achegas estamos xa no 56% do orzamento necesario pero tamén na conta atrás do proxecto. Fican só 19 días nos que aínda temos que xuntar moitas complicidades para podermos editar o libro.

Isto do crowdfunding é algo que me causa unha sensación estraña. Non me gusta pedir e semella que ando pedindo esmola polas esquinas. Non me gusta facer un emprego "tan publicitario" das redes sociais pero semella que se non empregamos os usos da mercado non imos dar acadado o obxectivo.

Debátome entre se ten sentido tanto esforzo e se o libro mesmo vale a pena, se vos trouxo aquí o interese polo proxecto ou o que vos persuade é a nosa insistencia en realizado. A resposta obtereina dalgún xeito co resultado final da campaña.

Tamén me debato entre se vos dar as grazas sen máis ou se vos pedir aínda máis implicación animando á xente da vosa contorna a participar para que a campaña non fique parada no esquecemento.

O vindeiro venres 23 de xuño botarei ao lume aos Señores Importantes que non sexan adoptados na exposición de Os Catro Gatos (Santiago). Das súas cinzas pode nacer este libro ou simplemente nada. En calquera dos casos, continuaremos sendo tan importantes e tan insignificantes como antes. Disto vai este proxecto.

Grazas !!!

0 comentarios

Inicia sesión o Regístrate para comentar esta entrada.

#10 / Os Señores Importantes en camiño !!!

Os Señores Importantes na oficina de Correos
Os Señores Importantes na oficina de Correos

Boas !!!

A primeira gran remesa de grandes libros xa está en camiño! Contamos con que, ao longo da vindeira semana, estean xa nas vosas mans.

Nos próximos días enviamos o resto!!!

Aos que vos preste, igualmente, agardámosvos nas 3 presentacións que temos en vista:

Mércores 13 ás 19:45 na Libraría Couceiro, en Santiago de Compostela.

Xoves 14 ás 19:30h na Librería Eixo, en Ourense, onde tamén quedarán instalados os Escarmentos (transferencias sobre madeira dos Señores adoptados e non adoptados)

Sábado 16 ás 19:00h na Galería la Doce, en Boiro.

Este é o derradeiro post desta campaña. Foi un pracer inmenso e estamos agradecidísimos pola vosa implicación.

Dentro duns días o libro estará dispoñible nas vosas librerías favoritas ao prezo de 30€, mais, se queredes algún outro exemplar, algunha lámina ou algunha transferencia sobre madeira estaremos encantadísimos de volos enviar personalmente onde nos indiquedes a un prezo especial para

leer más

#09 / Comezamos coas presentacións e os envíos !!!

O Gran Empresario na portada do libro
O Gran Empresario na portada do libro

Boas !!!

Estamos encantadísimos de anunciar, por fin, a presentación de O Gran Libro dos Señores Importantes e o envío dos vosos packs a partir da vindeira semana. Se tedes ocasión, agardámosvos no Pazo da Cultura de Pontevedra onde faremos a presentación oficial este vindeiro domingo, día 3 de decembro ás 13:30h, no Espazo de Arte Contemporánea, e que rematará cun viño no posto da Galería La Doce onde ademais se poderá ver unha mostra de novos traballos de Natasha Lelenco.

Durante toda a fin de semana, ademais, Os Señores Importantes teñen posto propio no stand número 38 da feira, onde poderedes recoller os vosos packs de mecenas e adquirir láminas, reproducións sobre madeira e por suposto, exemplares adicionais para agasallar nestas festas que xa se achegan.

Deixamos a continuación o calendario de presentacións do mes de decembro. Agradaríanos moito vervos !

Culturgal, Espazo Arte Contemporánea, Pontevedra, domingo 3 de decembro ás 13:30h

L



leer más

#08 / Máis lume!!!

No seguinte enlace convídovos a ver o vídeo co que resumimos a noite na que finalmente arderon 9 dos 45 retratos combustibles que habitarán as páxinas do Gran Libro dos Señores Importantes.

LUME, LUME en Vimeo.com

Cando escribimos estas liñas superamos xa os 6000€ de recadación, pero aínda hai recompensas dispoñibles e todo o que academos nos axudará a mellorar a calidade e ambición do libro.

Agradecémoste infinitamente se nos axudas a facer difusión delas nestas últimas horas.

Grazas !!!

- 1 PACK CASA DAS PERITAS

- 3 PACK SEÑORES IMPORTANTES (o único xeito de vos facer cun Señor Importante a imaxe e semellanza de quen tí desexes na liña do proxecto dos Señores Importantes)

  • Exemplares do libro a un prezo máis ventaxoso do que logo terá en distribución.

-PACK ESPECIAL LIBRERÍAS, ESPAZOS DE ARTE, ETC. Adquisición de 10 exemplares a prezo reducido que da dereito á organización dunha presentación do libro, no vindeiro mes de decembro, no teu local.

Foto: Nacho Morán Cuadrado
Foto: Nacho Morán Cuadrado

leer más

#07 / Lumeeeee !!!

Grazas, grazas e grazas !!!

6 meses de exposición itinerante, 36 Señores Importantes adoptados e 9 que foron ao lume de San Xoán. E na mesma fin de semana a feliz noticia de termos acadado o obxectivo mínimo para a edición do Gran Libro dos Señores Importantes.

O verán vai vir cheo de cousas e de traballo porque temos por diante aínda todo por facer, pero coa tranquilidade e a forza que nos da saber que hai unha comunidade de máis de 120 persoas que vos deixáchedes liar para apoiar este proxecto tolo.

Quedan 3 días de campaña, así que alá vamos a ver se conseguimos erguer aínda máis esta aventura. Un novo obxectivo, o de chegar aos 6000 euros de orzamento para o que precisamos sumar cando menos 30 mecenas que merquen por adiantado o Gran Libro dos Señores Importantes.

Queremos contar contigo nesta recta final para pedirte que presumas con orgullo de formar parte deste proxecto, compartindo nos vosos entornos a feliz nova de que xa sodes parte deste proxecto que vai ser

leer más

#06 / Queremos convidarte !!!

Xa somos máis de 100!!! O proxecto avanza a moi bo ritmo e agardamos acadar o obxectivo moi pronto grazas ás vosas aportacións e á vosa implicación na difusión, aínda que precisamos que se sume moita máis xente ata o día 29!!!

Pero mañá vai ser un día especial. Este venres 23 queimaremos os Señores Importantes non adoptados nas proximidades do meu estudio en Mallas (Fisterra), por iso, se vos apetece e se podedes, estades convidados a visitalos nas súas derradeiras horas no espazo no que naceron.

A Casa das Peritas volverá abrir as súas portas na aldea de Mallas (Fisterra) para unha exposición fugaz de apenas 3 horas de duración (ver localización).

Será este venres 23 de xuño entre as 16:00h e as 19:00h, a tarde antes da noite na que botaremos ao lume os Señores Importantes que aínda non foron adoptados, arredor dunha ducia de retratos figurativos sobre cortes de madeira que son os que fican do proxecto que ven expoñéndose por vilas e cidades de Galicia desde o pasado mes de

leer más

#05 / Os derradeiros días dos Señores Importantes

Así van ser as cousas:

Martes 20 e Mércores 21 son os derradeiros días para visitar os Señores que aínda agardan por unha adopción en Os Catro Gatos (Rúa das Rodas, 13, Santiago D.C).

Os Señores déixanse visitar entre as 18:00h e as 21:00h, mais o mércores, por ser un día especial, Os Catro Gatos abrirá tamén as súas portas en horario matinal, de 11:00h a 14:00h.

Ide velos, coñecédeos en persoa e se tedes corazón, salvádeos do lume. Adoptar é un procedemento administrativo rápido e indoloro que da dereito a os levar para casa xunto cun certificado que garante o mantemento dos Señores mentres a súa consistencia e a da propia autora o permitan.

O venres 23 A Casa das Peritas abrirá as súas portas en Mallas, Fisterra, entre as 16:00h e as 19:00h para recibir últimas visitas e condolencias antes do lume íntimo e familiar no que serán queimados.

Tanto os Señores adoptados como os que finalmente sexan devorados polo lume formarán parte do Gran Libro dos Señores Importantes, que só será

leer más

#04 / 75% conseguido!!!

Cuarta semana de campaña e grazas ao voso apoio podemos dicir que xa superamos o 75% do orzamento!!!

Malia todo, o proxecto avanza cara aos seus derradeiros días e aínda compre xuntar moitas complicidades para o rematar con éxito. É por iso que nos gustaría contar coa vosa colaboración na difusión da campaña. Coñeces a alguén a quen poida interesarlle un retrato ad hoc na liña do proxecto? Alguén que xestione un espazo aberto ao público a quen poida interesarlle argallar unha presentación do libro o vindeiro mes de decembro? Alguén a quen poida interesarlle facerse cun exemplar???

Este Señor Importante chámase Okonwko e está inspirado no protagonista de Todo se esfarela, de Chinua Achebe. Sírveme para falar das verdades absolutas e da confianza cega na tradición e nos costumes. Todo o que nos fai humanos é conxuntural e combustible. Okonwko cóntase entre os 17 señores que aínda buscan adopción. Hoxe sábado, e os vindeiros martes e mércores de 18:00h a 21:00h tedes a última

leer más

#03 / Grazas polo apoio!!! Agora ven o máis difícil: A pola segunda metade!!!

Coas vosas achegas estamos xa no 56% do orzamento necesario pero tamén na conta atrás do proxecto. Fican só 19 días nos que aínda temos que xuntar moitas complicidades para podermos editar o libro.

Isto do crowdfunding é algo que me causa unha sensación estraña. Non me gusta pedir e semella que ando pedindo esmola polas esquinas. Non me gusta facer un emprego "tan publicitario" das redes sociais pero semella que se non empregamos os usos da mercado non imos dar acadado o obxectivo.

Debátome entre se ten sentido tanto esforzo e se o libro mesmo vale a pena, se vos trouxo aquí o interese polo proxecto ou o que vos persuade é a nosa insistencia en realizado. A resposta obtereina dalgún xeito co resultado final da campaña.

Tamén me debato entre se vos dar as grazas sen máis ou se vos pedir aínda máis implicación animando á xente da vosa contorna a participar para que a campaña non fique parada no esquecemento.

O vindeiro venres 23 de xuño botarei ao lume aos Señores Importantes que

leer más

#02 / Máis de 50 mecenas !!!

Moitas grazas a todas e a todos os que xa vos sumáchedes ao proxecto. Somos máis de 50 !!! Cheguemos ou non ao obxectivo da campaña, sodes parte das raíces que manteñen en pé este proxecto.

E para celebralo quero ter un pequeno detalle: Vou facer unha tirada de 100 pequenas láminas desta peza da miña serie "Un bosque" que sumarei ás vosas recompensas e ás dos seguintes mecenas que se unan se finalmente alcanzamos o obxectivo.

Chámase "debaixo das tormentas medran mulleres fortes" e fai memoria do que nos mantén en pé aínda que non sempre se vexa.

Grazas !!!

#01 / Semana 1

“OS NOSOS DÍAS SON POUCOS EN NÚMERO E CALQUERA COUSA QUE FAGAMOS É UN SOPRO DE VENTO” - Poema de Gilgamesh

Esta cita fai parte dun poema moi antigo que se conta entre as moitas ideas inspiradoras deste proxecto, o Poema de Gilgamesh. O azar fixo que un viaxeiro inglés descubrira no século XIX as ruínas dun palacio, e nelas, paradas no tempo, decenas de miles de taboíñas de arxila entre as que se atopaba este poema. Paréceme tan fascinante a enorme dimensión das cousas que ignoramos e o azaroso da súa supervivencia que o quixen abordar desde as artes plásticas. Aos poucos, cheguei a este proxecto que ten a destrución, a desaparición, a queima, no seu xerme.

O Gilgamesh do poema loita e chora pola inmortalidade. O meu sabe que é mortal, apenas un anaco de madeira salvado do lume.

Será unha vez máis o azar quen decida se son moitos os que nos acompañen nesta viaxe e acadamos o obxetivo. Do contrario O Gran Libro dos Señores Importantes non terá razón de ser e ficara no esquecemento.

E

leer más
Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies