❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Pequeño Manual de las Artes Perversas

Nelson Quinteiro, coincidiendo con el décimo aniversario del Festival Galego de Cabaré se propone publicar un "Pequeño Manual de Artes Perversas" donde pretende dar las claves del género del cabaret desde su experiencia a través de una década de montajes y producciones relacionadas con el género.

Nelson Quinteiro

Un proyecto de

Categoría

Creado en

Cangas
0
segundos
52
Aportaciones
1.952€
De 1.950€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:
Volver a todas las actualizaciones

#02 / Feliz día do libro!

¿E que mellor maneira de festexar o Día do Libro que apoiar na creación dun libro único na súa especie?

O "Pequeno Manual das Artes Perversas" será, coa vosa axuda, unha das primeiras reflexións teóricas sobre o cabaré contemporáneo, ademais de dar conta de dez anos dun traballo insólito en Galicia arredor do xénero.

Contará con ilustracións de Cristina Veira e fotografías de Bruno Rodriguez.

Para a edición contamos co visto bo dunha interesante editora especializada en temas escénicos e teatrais, que aínda é segredo de sumario.

Ademais, este libro supón a locomotora e pedra angular de moitos novos proxectos e iniciativas relacionadas co xénero.

Bótalle un ollo, comparte, participa, apoia, difunde!!!

Aínda quedan 3 semanas de campaña, e aproxímanse un feixe de actividades paralelas!

Comparte!

www.vkm.is/artesperversas

0 comentarios

Inicia sesión o Regístrate para comentar esta entrada.

#07 / Crónica dun verán trepidante

Queridos amigos e amigas, mecenas e colaboradores/as todas!

Levo un tempiño querendo comunicarme con vós para contarvos todas as cousas que están pasando nesta temporada.

Como vos anuncie cando presentei o proxecto para o libro "Pequeno Manual das Artes Perversas", este consistía en si mesmo unha locomotora de proxectos e iniciativas que en canto se puxo en marcha está funcionando á perfección.

O caso é que dende que iniciamos a campaña de verkami pasaron unha serie de acontcementos moi interesantes que vos podo resumir do seguinte xeito:

  • Fun seleccionado para o programa GO2WORK da Fundación Paideia e a EOI (Escola de Organización Industrial) como un dos proxectos empresariais emprendedores no mundo das industrias culturais, para traballar en réxime de co-worker e recibir un programa formativo de grande interés, con docentes como José María Cámara (SOM Produce, responsable dos musicais de éxito nos teatros do canal de Madrid), Robert Muro (Asimétrica), Javier Limón (músico,

leer más

#06 / GRAZAS! 43 MECENAS FIXÉSTEDELO POSIBLE!

40 días despois de iniciar a campaña de crowdfunding por medio do portal verkami.com Nelson Quinteiro acada o seu obxectivo de finanzamento e poderá lanzar próximamente a edición do libro "Pequeño Manual de las Artes Perversas", o primeiro manual en teoría teatral sobre o cabaret contemporáneo.

40 días. 43 mecenas. Un obxectivo de 1950 € conseguido e unha locomotora que se pon en marcha para dar conta de 10 anos de traxectoria a través de propostas únicas como o Festival Galego de Cabaré, a Compostela Carpa Cabaré, o Cabarénpedra ou as diferentes montaxes (case unha veintena) ao fronte da Compañía Femme Fatale_Nelson Quinteiro Cabaret.

Movemento xera movemento

Este é un dos slogans de Nelson Quinteiro que se ten materializado de xeito especial ao longo desta campaña.

Dende o inicio da mesma boas foron as novas que foron achegándose ao proxecto. Dende o interese dunha consolidada editorial a nivel estatal para publicar o libro á disposición da pintora Cristina Veira para ilustrar o

leer más

#05 / 1323 €! Quedan 3 días! Faltan 627 € para facer realidade o "Pequeño Manual de las Artes Perversas"!

**A nosa particular marea das artes perversas e cabareteiras vai subindo chanzo a chanzo grazas á solidariedade dos nosos mecenas.

A elo contribuíron moito as aportacións analóxicas derivadas das xornadas de presentación do proxecto no Salón de Belleza Unisex Avilés de Cangas e na Peluquería Sandra Crespo de O Temple (Cambre) nas que pasamos dúas veladas inesquencibles.**

Fotografía de Bruno Rodríguez, colaborador do proxecto co seu traballo fotográfico

A 3 días de que finalice a campaña de crowdfunding para a edición do libro "Pequeño Manual de las Artes Perversas" de Nelson Quinteiro as aportacións foron medrando ata acadar o 67,84 % do obxectivo para a viabilidade do proxecto.

Nos últimos días múltiples foron as aportacións recibidas, sobre todo grazas ao empuxe das dúas orixinais xornadas de presentación do proxecto no entorno de Salóns de Beleza.

Por elas pasaron una ducia de alumnos/as e mais una treintena de convidados que celebramos dúas particulares festas nas que

leer más

#04 / AULA-FESTA-CABARET no Salón Avilés (Cangas)

A unha semana de que finalice a campaña de crowdfunding para o libro "Pequeno Manual das Artes Perversas" temos preparados eventos moi especiais en espacios tan pouco convencionais como salóns de beleza para presentar o proxecto.

O vindeiro 8 de maio terá lugar no Salón de Beleza Unisex AVILÉS de Cangas (Rúa San Xosé) un evento moi especial para presentar a campaña de crowdfunding "Pequeno Manual das Artes Perversas".

Trátase dunha xornada que combina o aspecto formativo, cunha master class de cabaret, unha aula de maquillaxe e caracterización teatral, auto-maquillaxe, sesión de fotografía e finalmente unha festa con moitas sorpresas e micrófono aberto.

Ata o momento 6 son as persoas inscritas a esta proposta, para a que contamos coa colaboración do fotógrafo Bruno Rodríguez

Aínda queda algunha praza para os máis rezagados/as, que poden inscribirse chamando ao teléfono 647 647 404

A partir das 13:30 h o evento será aberto, contando con performances e actuacións a micro aberto,


leer más

#03 / Quedan 16 días! Comenzan as actividades paralelas ao proceso de crowdfunding!

A dúas semanas longas de que finalice a campaña de crowdfunding para a edición do libro "Pequeno Manual das Artes Perversas" aínda queda bastante para chegar ao noso obxectivo, pero agardamos que todas as actividades programadas para reforzar a campaña dean froito e poidamos poñer en marcha esta locomotora de proxectos que vai ser o "Pequeno Manual das Artes Perversas"

Podedes consultar todos os eventos programados durante esta campaña na páxina web www.gharbo.org/eventosCABARET.html

Ademais, lembrarvos a tod@s as que así o prefirades, que podedes facer a vosa aportación de maneira analóxica mediante o número de conta 2080 0004 50 3040015025 de Abanca.

Mil grazas!

Poñemos rumbo a Vilalba!

E para a semana Cangas, O Temple, e logo Santiago, Pontevedra!

Isto non ten paraxe!

leer más

#02 / Feliz día do libro!

¿E que mellor maneira de festexar o Día do Libro que apoiar na creación dun libro único na súa especie?

O "Pequeno Manual das Artes Perversas" será, coa vosa axuda, unha das primeiras reflexións teóricas sobre o cabaré contemporáneo, ademais de dar conta de dez anos dun traballo insólito en Galicia arredor do xénero.

Contará con ilustracións de Cristina Veira e fotografías de Bruno Rodriguez.

Para a edición contamos co visto bo dunha interesante editora especializada en temas escénicos e teatrais, que aínda é segredo de sumario.

Ademais, este libro supón a locomotora e pedra angular de moitos novos proxectos e iniciativas relacionadas co xénero.

Bótalle un ollo, comparte, participa, apoia, difunde!!!

Aínda quedan 3 semanas de campaña, e aproxímanse un feixe de actividades paralelas!

Comparte!

www.vkm.is/artesperversas

leer más

#01 / Quedan 28 días!

Todavía quedan 28 días, 4 semanas para ver como enfocamos a edición do libro "Pequeno Manual das Artes Perversas".

Estes últimos días a cousa está bastante parada, e seguimos nos 372 €, arredor do 20% do obxectivo.

Lembrade que a súa publicación dependerá en gran medida das persoas que vos animedes a colaborar adquirindo, por anticipado, unha obra que sen a vosa aportación non verá a luz.

Iso é o marabilloso do crowdfunding.

Que todos formamos parte do proxecto, da súa posibilidade e do seu alcance.

Botade unha man ho!

Dende 9 € podedes adquirir o libro dixital, que será a todo color e totalmente gráfico. Por 18 € adquires o libro, tanto dixital como escrito. Por 22 € enviámosvos o libro á vosa casa.

Este semana, de todos xeitos recibimos novas moi interesantes. Dende una editorial relacionada co mundo do teatro que pode ser posible que edite o libro a colaboración, tanto gráficas como fotográficas. E xa puxemos en marcha un feixe de actividades que terán lugar a partir do 29


leer más
Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies