
No hay proyectos en marcha, categorías o tags con esta búsqueda...
Pulsa ‘Enter’ para buscar entre todos los proyectos :)
Son artesán de instrumentos musicais tradicionais galegos dende fai doce anos. A miña aventura comezou no taller dun veciño arrranxando a miña vella gaita. De seguido, formeime na universidade popular de Vigo (EMAO) e no obradoiro de instrumentos populares en Ourense. O seguinte paso foi montar o meu propio taller na vella palleira da miña avoa, nun entorno rural co que estou comprometido. Alí, aos poucos, fun construindo o meu lugar mentres investigaba e creaba formas e sons para os meus instrumentos; que considero acadaron un carácter personal que os indentifica. Na actualidade formo parte da Asociación de Gaiteiros Galegos e os meus instrumentos contan co selo de Artesanía de Galicia.