No hay proyectos en marcha, categorías o tags con esta búsqueda...
Pulsa ‘Enter’ para buscar entre todos los proyectos :)
XOSE LIZ DE CEA (1972) – Bouzouki,Guitarra Acústica. Mandolina. Xosé Liz é un dos músicos e produtores máis prolíficos do panorama folk galego. Multiinstrumentista, arranxista e mestre titular das aulas de requinta/frauta e corda pulsada na escola E-trad de Vigo, goza dun recoñecido prestixio nacional e internacional no eido da musica folk e celta. Esta traxectoria levouno en varias ocasións a escenarios emblemáticos como o Festival Intercéltico de Lorient (Francia), o Festival de Ortigueira (Galicia) ou Celtic Connections e Piping Live (Glasgow, Reino Unido) . Con INDALA , o seu legado musical da un xiro audaz hacia a renovación e vangarda musical.