**** E se Castelao seguise debuxando hoxe?****
RETRANCOS nace desa pregunta. Durante tres anos fun publicando na revista LUZES unha serie de viñetas inspiradas no seu estilo e na súa mirada: humor aparentemente sinxelo, pero cargado de intención, crítica e identidade.
*Agora esas máis de 100 viñetas queren converterse nun libro. E para iso, precisamos de ti.*
RETRANCOS é un libro de Kiko da Silva que recolle máis de 100 viñetas publicadas na revista LUZES ao longo de tres anos, nas que o humor galego, a retranca e a** crítica social dialogan co presente.**
Un proxecto que mira ao pasado para entender o que somos… e o que estamos a ser.

SOBRE O PROXECTO
RETRANCOS é unha recompilación de** máis de 100 viñetas feitas ao longo de tres anos**, nas que se aborda a realidade galega contemporánea desde a retranca: política, cultura, lingua, sociedade…
Non é unha copia nin un exercicio de nostalxia, senón un diálogo co legado de Castelao: unha forma de preguntarnos como sería hoxe esa ollada crítica, comprometida e fondamente galega.
O resultado é un libro que busca facer rir, pero tamén pensar. Porque aquí, moitas veces, o humor é a maneira máis seria de dicir as cousas.

POR QUE UN VERKAMI
Queremos editar RETRANCOS co coidado que merece:
Unha boa edición
Papel de calidade
Deseño á altura das viñetas
Este crowdfunding permitirá cubrir os custos de edición e impresión, facendo posible que o libro exista sen depender de grandes editoriais e mantendo a esencia do proxecto.
Ademais, será unha maneira de crear comunidade arredor del desde o primeiro momento.
EN QUE IMOS EMPREGAR OS FONDOS
Os fondos recadados destinaranse a:
Impresión do libro
Maquetación e deseño
Corrección de textos
Produción e envío das recompensas
Comisións da plataforma
Se superamos o obxectivo, poderemos mellorar acabados, aumentar tiraxe e incorporar contidos extra

CONSEGUE OFERTAS EXCLUSIVAS
👉 Libro RETRANCOS
👉 Libro asinado polo autor
👉 Láminas con viñetas seleccionadas
👉 Packs KIKO DA SILVA - RETRANCOS + OS BERROS DA MOTOCICLETA (Debuxado por Pablo Prado con guión e storyboard de Kiko da Silva)
👉 Viñeta orixinal feita con tinta chinesa asinada por KIKO DA SILVA

QUEN SOMOS
Retranca Editora é unha editorial galega independente fundada en 2007 e dirixida polo debuxante e editor Kiko da Silva. Especializada en banda deseñada, nace coa vocación de apoiar e visibilizar o talento dos autores e autoras galegos, apostando por edicións coidadas e por construír unha identidade propia dentro do cómic feito en Galicia.
Ao longo dos anos, consolidouse como un proxecto de referencia no ámbito do humor gráfico e a novela gráfica, combinando creación contemporánea, recuperación de obras e aposta por novos formatos e voces.

O AUTOR
Kiko da Silva, Vigo 1979.
Historietista, Ilustrador, editor, e director da primeira escola Profesional de Banda Deseñada de
Galiza, O GARAXE HERMÉTICO.
Comezou a debuxar de maneira profesional con tan só 16 anos, traballou como humorista
gráfico en La Voz de Galicia, no semanario satírico El Jueves e actualmente publica viñetas
diarias na súa sección A SILVEIRA de El Correo Gallego.
Publicou nas principais editoriais galegas e nacionais e foi traducido a idomas como o inglés, o
francés e o coreano.
É o ilustrador de Cando Mariño tivo ganas de mexar na noite de Reis, A memoria das árbores,
Moncho e a mancha e Que contan as ovellas para durmir?
Creou a ORBIL o lobo lector mascota do Salón do Libro de Pontevedra. Tamén é o pai de **Fiz, o
neno máis porco do mundo*, que comezou a publicar na revista *Golfiño** no 2002.
Gañou moitos premiso de banda deseñada, entre os que destaca o **Premio Castelao de Bd no
2014** pola súa obra O INFERNO DO DEBUXANTE.
No 2007 recibiu o Premio Xoan Manuel Pintos pola promoción da lingua galega.
Coma editor, creou a revista BD banda,a revista Retranca (Ambas premiadas no **Salón do
Cómic de Barcelona*), publicou *As Serpes cegas, de Cava e Seguí que recibiu o Premio
Nacional de cómic 2010, coordinou a coleccón de bd de Faktoría K de Libros e a sección de bd
da revista Oink! do Xabarín Club.
Dirixe a editorial Retranca dende o 2007, e dende o 2018 a revista de bd galega*** A Viñeta de
Schrödinguer*** editada pola **MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
**
Actualmente dirixe e imparte clase de cómic en** O GARAXE HERMÉTICO** dende o 2012 e está
traballando no seu proxecto de bd máis longo a Novela Gráfica ***BAIXO A SOMBRA DAS
PEDRAS FLOTANTES*** que publicará en galego XERAIS **e en castelán **NORMA Editorial.

CALENDARIO PREVISTO
Campaña VERKAMI: 40 días
Peche e produción: 1-2 meses
Envío de recompensas: estimado en setembro 2026
PREVIEW do LIBRO:
***Se algunha vez sorriches cunha viñeta de retranca…
Se cres que o humor tamén constrúe país…
Este libro tamén é teu.***
+INFO
2 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Andrés Castro
👌🏻
Clara
💙🤍