❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Preventa terminada

Axenda da terra e das lúas 2026 - Un calendario galego que segue os ritmos da natureza e do alimento. Feita en comunidade, entre a arte, a terra e as mans que coidan.

Agenda ilustrada galega que une lunas, tierra y alimento. Un proyecto colectivo de Aira da Curutela para vivir en ritmo con la naturaleza.

Estefanía

Un proyecto de

Creado en

Begonte
0
segundos
44
Aportaciones
1.240€
De 1.090€
Aporta al proyecto

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

A Axenda da Terra e da Lúa 2026

Un proxecto interxeracional feito con calma, arte e comunidade

A Axenda da Terra e da Lúa 2026 é unha axenda galega creada por tres nais e as súas fillas, un pequeno grupo que debuxamos, aprendemos e creamos xuntas. Ao longo dos últimos meses fomos dando forma a cada páxina con coidado, combinando arte, natureza e vida cotiá.

Esta axenda nace do desexo de vivir cun ritmo máis pausado e ligado á terra. Inclúe as estacións, os ciclos da lúa, símbolos naturais, alimentos de tempada e espazos para anotar, respirar, planificar e coidarse. É unha ferramenta para acompañar o día a día doutra maneira: máis amable, máis conectada co que nos rodea e co que realmente importa.

Por que facemos este Verkami?

Queremos imprimir a Axenda da Terra e da Lúa 2026 e, ao mesmo tempo, recoñecer o traballo das máis novas: o seu esforzo, a súa creatividade e o compromiso que puxeron en cada ilustración.

O que recademos servirá para apoiar a viaxe de fin de curso das máis novas, validar o seu traballo e axudar a que este proxecto siga vivo.

É unha maneira fermosa de unir dúas cousas: crear algo útil e bonito, e celebrar o proceso compartido que fixemos ao longo do ano.

Como está feita a axenda?

Non somos deseñadoras profesionais: somos un pequeno grupo de mulleres que crea dende o agarimo e a aprendizaxe. Por iso este proxecto ten ese carácter artesanal e tan humano que nos representa.

  • Cada mes inclúe as fases da lúa. As lúas aparecen nomeadas segundo tradicións ligadas ao agro e ás labores da terra. Cada mes leva un nome que lembra o que acontece na natureza ou o que toca facer no campo, recuperando así un xeito antigo e fermoso de mirar o ceo e o territorio.

  • Incorporamos os símbolos do calendario biodinámico —flor, froito, raíz e folla para ofrecer unha orientación sinxela sobre os ritmos naturais que inflúen nas plantas e tamén nas persoas.

  • As estacións están ilustradas a man.

  • Inclúe espazos de reflexión, coidados e organización.

  • Mestura ilustración, cor, natureza e vida.

  • Está maquetada e preparada para impresión.

  • As ilustracións naceron de tardes compartidas arredor da mesa, de pinceladas espontáneas, conversacións e aprendizaxes entre xeracións diferentes. Este é o verdadeiro corazón do proxecto.

Un camiño que facemos xuntas

Ademais da creación artística, este proxecto tamén é un espazo de encontro.

A foto do grupo camiñando polo bosque non é só unha imaxe bonita: é unha metáfora do que vivimos. Un camiño compartido, feito con pasos pequenos, coidando o ritmo e a compañía.

Recompensas

A Axenda da Terra e da Lúa 2026

  • Tamaño: 11 × 18 cm

  • Páxinas: 148

  • Encadernación: espiral negra

  • Interior ilustrado con estacións, ciclos da lúa, símbolos naturais e espazos de organización

  • Impresión profesional, deseñada para acompañar todo un ano con calma e conexión coa terra

Marcapáxinas ilustrado

  • Tamaño: 5,5 × 15 cm

  • Papel Rembrandt 300 g/m², certificado FSC®

  • Ilustración orixinal

  • Pola parte traseira inclúe un calendario anual da lúa, para consultar os ritmos lunares durante todo o ano

Bolsa de algodón orgánico

  • Algodón orgánico 140 g/m²

  • Tamaño: 38 × 42 cm

  • Capacidade: 9 litros

  • Asas longas e cómodas

  • Impresión: logo de Aira da Curutela, o espazo comunitario onde medrou este proxecto

  • Cor natural, resistente e lixeira (64 g)

As imaxes que ves aquí en todas as recompensas poden sufrir pequenos cambios, xa que estamos rematando os últimos detalles de maquetación e ilustración.

Quen somos

Somos tres nais e as súas fillas, un pequeno grupo interxeracional que crea, aprende e debuxa xunto. Este proxecto naceu de tardes compartidas, de conversas e de ganas de facer algo útil e fermoso.

Aira da Curutela é o espazo comunitario onde medrou este proxecto e onde nos xuntamos cada semana para darlle vida.

A que destinaremos as vosas achegas

  • Impresión sostible e profesional da axenda

  • Recoñecemento e validación do traballo artístico das máis novas

  • Apoio á súa viaxe de fin de curso

  • Mantemento e continuidade do proxecto creativo

Grazas por estar

Se cres na creación local, na forza da comunidade e na beleza do que se fai con calma… acompáñanos.

Apoia este proxecto en Verkami e axúdanos a que a Axenda da Terra e da Lúa 2026 se faga realidade.

Un proxecto medrado en Aira da Curutela

Calendario previsto

  • Ata o 5 de decembro: últimos retoques e preparación final.E envío a imprenta

  • A partir do 19 de decembro: comezo das entregas e recollidas.

Se queres unha axenda, é importante facer o teu apoio antes do día 5 para poder incluír o teu exemplar na impresión deste ano.

+ Info

Segue o proxecto tamén no aira_da_curutela

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

6 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Estefanía

    Estefanía
    Autor/a

    14 días

    ¡Ola de novo!

    Queremos facer unha pequeña actualización despois ol anuncio anterior, para que deixe todo claro e non quede sen información.

    Como xa contamos, o crowdfunding está pechado e as axendas están en marcha. Pero algo que moitas persoas nos preguntastes —e que queremos explicar mellor— é isto:

    Ademais das axendas do crowdfunding, imprimimos mais unidades para a venda directa.

    Isto quere dicer que, aínda que non participásedes na campaña, tamén poderedes mercar unha axenda.

    Poderedes conseguila:

    • na nosa tenda en Lugo (naiterra) ,

    • contactando connosco directamente por Instagram (https://www.instagram.com/aira_da_curutela)

    • ou mediante mensaxes personais, para quen xa teña o noso contacto.

    Esta etapa do proxecto é posible gracias ao apoyo do crowdfunding, que nos permitiu asumir unha impresión.

    Agora comeza una fase nova: facer chegar as axendas ás persoas que as agardan e poñelas tamén á venda para quen as queira.

    Seguiremos informando en canto cheguen as copias (antes de Nadal).

    Grazas por acompañarnos e por facer que este proxecto siga medrando.

  • Estefanía

    Estefanía
    Autor/a

    14 días

    Obxectivo conseguido!

    Gracias a todas as personas que apoiaron o noso crowdfunding, a Axenda da Terra e das Lúas vai camiño de facerse real.

    A partir de agora somos nós quen xestionamos directamente as entregas das axendas, tanto envíos como recollidas en man.

    Ademáis, poderedes atopalas, cando cheguen, tamén na nosa tenda en Lugo "Nai Terra" (naiterralugo), listas para levar. E sí: chegarán antes de Nadal , fresquiñas de impresión e preaparadas para camiñar convosco.

    Gracias por acompañarnos neste camiño e por darlle impulso ao que nace do pequeno.

    Un abrazo da Terra á Lúa de:

    Sonia, Iria, Sofia, Sabela, Aitana, Sofia e Estefanía.

    https://www.instagram.com/aira_da_curutela/

  • David Veiga

    David Veiga

    20 días

    Boísima iniciativa!

  • Estefanía

    Estefanía
    Autor/a

    21 días

    Gracias fermosuras!!! aproveito para avisar que hai un erro nos recadriños das recompensas...a entrega aproximada é en decembro do 2025!!!

  • marta gutierrez delgado

    marta gutierrez delgado

    21 días

    Aquí hay mucha Meiga que va a traer suerte!!!

  • Ana Reigosa

    Ana Reigosa

    22 días

    Unha iniciativa moi creativa e amorosa. Parabéns!

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies