❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Sintese Vigo, festival de danza e performance

Festival de danza e performance nacional e internacional. Por un Vigo cultural plural, con artistas profesionais, encontros e formación.

Sintese Vigo

Un proyecto de

Creado en

Vigo
0
segundos
85
Aportaciones
4.170€
De 4.000€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

IXA compañía de danza no festival 2024 (zona Bouzas)
IXA compañía de danza no festival 2024 (zona Bouzas)

Performance e danza contemporánea

Tres dias de performances e danza de artistas vinculados a Vigo e un encontro profesional con proxectos escénicos de Portugal.

Presentamos unha exposicón variada de artes do movimento, da palabra e da inmersión acústica. Proponemos unha experiencia transformadora. Un festival que sexa un lugar de encontro entre cidadáns e artistas para compartir e achegarse aos mundos imaxinarios. Ocupar espazos urbanos para darlles un novo sentido.

Ensaio fílmico "Linha de Fuga" de Marta Blanco
Ensaio fílmico "Linha de Fuga" de Marta Blanco

Linha de Fuga de Marta Blanco estará de balde/entrada invertida o venres 3 ás 19.00h en Teatro Permanente e o sábado 4 ás 17.00h no museo Marco

Encontro profesional e artístico

"Posibilidades dos artistas en influir no seu entorno". Con este título organizamos un encontro cos directores de "Carreiros para futuros ancestrais" de Paredes de Coura e outros colectivos de Vigo.

Máis alá do movemento está o pensamento e a palabra. Os encontros profesionáis son un caldo de cultivo para o presente e o futuro.

Taller de danza

Estamos organizando un taller para profesionais e estudantes de danza e dramaturxia de composición escénica e coreográfica, co bailarín e coreógrafo Chevi Muraday, coa colaboración da ESAD, Escola superior de arte dramático de Galicia. Muraday está vinculado co ensino da danza no teatro.

Formación de públicos e encontros sociais

O festival Síntese pretende achegarse ao público desde varias perspectivas. Sabemos que a experiencia é fundamental para unha formación adulta. Pero tamén queremos aportar unha nova ollada do corpo na cidade a un público máis novo, o xuvenil.

Deriva artística con Elsa Pereira. Festival 2024 (zona Bouzas)
Deriva artística con Elsa Pereira. Festival 2024 (zona Bouzas)

En Síntese Vigo, queremos bailar. Propoñemos un encontro social para o disfrute e a alegría que supón compartir a danza en comunidade.

Manifesto

As artes performativas nos axudan a conectarnos como seres humanos. O que nos move e remove é a idea de que hai esperanza detrás de cada acto artístico, intentando frear o discurso radical e temerario da violencia. Propoñemos un festival onde prevaleza a conexión entre as personas, desde a palabra o movemento ou a paisaxe sonora. Ocupando espazos públicos desde outra perspectiva. Queremos aportar liberdade en tempos bélicos.
“Frente á violencia do mundo propoñemos á danza, como un acto de liberdade” (Tiago Guedes. Director de La Biennale de la danse de Lyon).

MECENAS con pases e recompensas exclusivas

Chevi Muraday
Chevi Muraday

Lámina de danza en Póster ou Postal. O recoñecido artista plástico Seara colabora co festival cunha exclusiva lámina aguada inspirada nos corpos en movemento.

Pase simple para SINTE ou para ACCIÓN. Podes conseguir un pase simple para SINTE de Cris Balboa o xoves 2 de outubro ás 21.30h nTeatro Permanente ou un pase simple para ACCIÓN de Acacia Ojea o venres 3 de outubro ás 20.30h nun na Praza da Pedra. Unha viaxe íntima pola experiencia da música electrónica. Un encontro individual coa performer que te invitará a unha viaxe personal.

Bolsa de tela de algodón. Onde hai un festival sen a súa bolsa de algodón! Se queres ser mecenas e levar unha bolsa de algodón do festival, esta será a túa ocasión.

Bolsa Síntese
Bolsa Síntese


Quen somos

Cristina Cameselle e Geni Iglesias
Cristina Cameselle e Geni Iglesias

Cristina Cameselle e Geni Iglesias son as impulsoras deste proxecto.

  • Cristina Cameselle (Festival "Por danza", Vigo) bailarina, coreógrafa e xestora especializada en danza, leva 30 anos de experiencia dedicados á danza en Vigo.

  • Geni Iglesias (Festival "En Pé de Pedra" Compostela). Actriz cun amplo curriculum nos escenarios e na xestión de proxectos culturáis en Galicia, Barcelona e Portugal.

Colaborador: SEARA artista plástico

Colaboración: Lámina aguada de Seara
Colaboración: Lámina aguada de Seara

A que destinaremos as vosas achegas.

O obxectivo deste crowdfunding de VERKAMI é para cubrir gastos artísticos e de produción. A maioría das recompensas son as entradas (tickets, billetes) para acudir aos espectáculos e performances, con mención especial en redes.

Calendario previsto Outubro 2025

Xoves 2 de outubro
11.00 a 13.00 Taller profesional Muraday - ESAD
16.30h a 18.30h Taller de danza Muraday - ESAD
19.00 a 21.00h "Creación de oportunidades culturais" Encontro entre proxectos de Vigo e Portugal.
21.30h SINTE DE Cris Balboa

Venres 3 de outubro
11.00 A 13.00H Taller de danza Chevi Muraday - ESAD
16,30 A 18.30H Taller de danza Chevi Muraday - ESAD
19.00 Ensaio fílmico Linha de Fuga de Marta Blanco. Teatro Permanente
20.30 ACCIÓN de Acacia Ojea. Praza da Pedra

Sábado 4 de outubro

11.00h a 12.30h Máster clase Museo Marco

11.00 a 13.00 Taller para familias Larumbe Danza

17.00h Ensaio fílmico Linha de Fuga de Marta Blanco. Museo Marco

19.00h LO QUE QUEDA de Chevi Muraday. Museo Marco

As recompensas se entregarán nos horarios e espazos durante o festival. Case todas as recompensas son os pases aos eventos. Hai unha recompensa de postal con envío a península, Belares e Canaria.

COLABORADORES CESIÓN DE ESPAZOS

+ Info

Segue o proxecto tamén en Instagram e no Site

@sintesevigodanza

https://www.sintese.es

Stop xenocidio en Gaza
Stop xenocidio en Gaza

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

5 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

  • Sintese Vigo

    Sintese Vigo
    Autor/a

    17 días

    Vamos a conseguirlo!!

  • Estela

    Estela

    20 días

    Enhorabuena!!

  • Inés Escaned

    Inés Escaned

    aproximadamente 1 meses

    Viva Vigo y viva la danza!!

  • Sintese Vigo

    Sintese Vigo
    Autor/a

    aproximadamente 1 meses

    Grzas! Vamos de punta de lanza. Creando novas oportunidades

  • Larraitz Urruzola

    Larraitz Urruzola

    aproximadamente 1 meses

    Adiante!

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies