OBXECTIVO:
Con esta campaña queremos conseguir producir este conto ilustrado en formato físico para que quede de recordo entre todo o colexio CEIP Plurilingüe de Portonovo, a súa xente e arredores. O financiamento é para os custos de imprenta, edición e produción.
SINOPSE:
Neste conto coñeceremos a Brillantina, unha extraterrestre que vive no Planeta Terra desde hai tempo e que fará o que faga falta para transformarse en terrícola e instalarse definitivamente en Portonovo.
Brillantina non botaba nada de menos o seu afastado planeta, na Terra sentía en familia porque tiña moitas amigas e amigos, sobre todo no cole. Todo isto incítalle a transformarse en terrícola e quedar a vivir aí para sempre. Rapidamente ponse en marcha e comeza a asesorarse coa xente do pobo para levar a cabo a operación.
Coñecerá a varias persoas que lle guiarán ata María do Chas, unha muller que dará coa apócema exacta para transformarse no que máis desexa: Un lindo gatito negro con manchas brancas chamado Risón.
Quen está detrás de todo isto?
A idea do conto xorde nun dicir amén. O profesorado do CEIP Plurilingüe de Portonovo propuxo ideas para “xubilar” a Brillantina (a mascota da biblioteca) sen prexudicar aos máis nostálxicos ou sensibles e a Manu ocorréuselle esta historia tan divertida para facer unha bonita transición entre Brillantina e Risón. Elixiron un gato como mascota para que lles represente como cole e como pobo.
A profe Desi é quen impulsa a Manu a facer un conto ilustrado por Yolanda de Hilos y ballenas, quen anteriormente fixo varios murais no colexio de gatos como absolutos protagonistas.
A nova mascota, chamada Risón, é o gato mariñeiro que aparece en dous dos murais do cole.
O conto ilustrado é en formato cadrado, con tapa dura e está escrito en galego.
Sobre as recompensas
A parte do conto temos un merchan a xogo moi colorido; hai quebracabezas, totebags, chapas, llaveros de metacrilato e cuncas que en principio só estarán dispoñibles para a campaña de Verkami.
A que destinaremos as vosas achegas?
Para poder transformar este proxecto nun conto físico necesitamos apoio económico para recadar fondos.
Grazas a esta plataforma, a cambio de apoiarnos economicamente, poderémosvos recompensar con esta divertida historia en formato de conto físico e o merchandising.
Calendario previsto
O conto está acabado en dixital, só falta imprimilo. En canto cheguemos a obxectivos mandarémolo á imprenta e para maio - xuño estará nas vosas mans!
Más Información
Síguenos en redes sociais para ver o proceso de creación do conto e estar ao corrente de todo:
0 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.