Benvidas
Benvidas á campaña de micromecenado do libro Herbas da Noite. Unha guía expresionista das Herbas de San Xoán. Somos Dores Pereira e Paula Lago, nai e filla, e recorremos a vós para publicar esta pequena guía ilustrada que recolle os usos populares e propiedades das herbas que se apañan na véspera desta data máxica.
A noite de San Xoán
Na noite de San Xoán prodúcense distintas manifestacións de orixe pagá para celebrar o solsticio de verán: fogueiras para escorrentar os malos espíritos, rituais de fertilidade nas praias (o baño das nove ondas, por exemplo), esconxuros… Entre as máis difundidas está a recollida das herbas máxicas de San Xoán. Un ritual popular que consiste en apañar unha serie de herbas, follas e flores no serán da véspera do 24 de xuño, mergullalas en auga e poñelas a serenar durante a noite para lavar a cara pola mañá.
O que a guía contén
A guía reúne 27 plantas -coa súa denominación popular e latina-, ademáis dos trazos morfolóxicos básicos e información sobre os seus usos máis populares, ditos e receitas.
As ilustracións que acompañan ás herbas pretenden iluminar o texto de xeito expresivo, máis que ser un reflexo fiel das plantas. Para quen queira visualizalas, o libro conta cun código QR que conduce a unha web coas súas imaxes.
As recompensas
Ademais de poder adquirir o libro en edición de peto a un prezo especial tamén faremos unha edición limitada en tapa dura. Acompañaremos o libro coas seguintes recompensas:
Láminas orixinais realizadas para esta campaña. Inspirándome nalgunha das plantas que contén o libro farei novas ilustracións coa mesma técnica (podedes vela no vídeo): pintura acrílica chorreada sobre papel de acuarela formato A3(29,7x42cm).
Reprodución das láminas que ilustran o libro, en formato 14,8x21cm e impresas en papel estucado mate de 350 gr.
Láminas orixinais da artista poloreghocomaomineral feitas mediante a técnica Solar Fast: poñendo directamente as herbas sobre papel, e aplicando unha tintura fotosensible, reprodúcese unha imaxe delas cun resultado similar ás técnicas de impresión fotográfica usadas en botánica. Láminas en papel de acuarela 14,8x21cm.
Saquiña aromática de algodón de 7x10cm. Contén flores de xarxa, lavanda e romeu e vai estampada a man cunha das ilustracións do libro.
Saca limoeira: saca de algodón de 135gr de 38x42cm ilustrada cunha das plantas da guía, o limón.
Se queres adquirir O torreiro, o primeiro conto ilustrado no que colaboramos Dores e máis eu, aquí tes a oportunidade. Unha edición limitada de 100 exemplares dun relato de infancia de Dores: unha cativa que marcha á procura do leite para os seus irmáns pequenos e que se cruza no camiño cun mundo de fantasía. O libro componse de 40 páxinas de 19x20cm cosidas e encadernadas con tapa branda e lapelas de 8cm.
Es dunha asociación, centro educativo ou libraría?
Traemos esta opción para calqueira asociación, centro educativo, etc. que queira facer unha labor de difusión desta tradición. Podedes obter o libro a un prezo especial mercando o pack de 10 exemplares.
Para obter opcións de maior cantidade, poñédevos en contacto comigo en info@paulalago.com ou deixando un comentario a continuación.
Nota
As ilustracións orixinais, reproducións e Solar Fast que vedes nas descricións deste crowdfunding son orientativas, escolleremos as máis bonitas para enviarvos.
Novo Obxectivo!
Despois de ter obtido, grazas á vosa axuda, o mínimo indispensable para poder imprimir o libro, agora marcámonos un novo obxectivo para poder mellorar a edición:
Unha edición maior en tapa dura (400 exemplares) das Herbas da noite.
A edición limitada dos 100 exemplares de O Torreiro" tamén en tapa dura.

Se chegamos aos 5000 € que precisamos para isto, todos aqueles que xa aportastes ao proxecto e os que aportedes nos vindeiros días, recibiredes as melloras nas recompensas que describimos a seguir:
Se mercastes (ou mercades nos días que quedan de campaña) calquera dos packs de tapa branda, un dos exemplares adquiridos chegaravos en tapa dura.
Se mercastes (ou mercades nos próximos días) un pack de tapa dura, recibiredes tamén unha sacoliña aromática e unha dedicatoria exclusiva co nome que nos indiquedes.
Quen somos

Dores Pereira traballa como profesora de Lingua Galega nun instituto da contorna e ocupouse da parte literaria, que recolle a súa experiencia persoal con estas plantas e información sobre usos medicinais, curiosidades, refráns ou cancións.
Paula Lago é Licenciada en Arquitectura e desde hai uns anos está estreitamente ligada á creación artística, en especial á pintura. Neste proxecto ocupouse da ilustración e do deseño editorial.
Podes ver o seu traballo en:
web
instagram
Elia Lago, filóloga e filla tamén de Dores, colaborou coa revisión do texto e fixo o vídeo desta campaña.
A que destinaremos as vosas achegas?
O proxecto consiste na edición de 900 exemplares en edición de peto, dun libro ilustrado de 80 páxinas a toda cor (4/4 tintas CMYK) en papel offset de 90gr. O seu tamaño é de 14,8 x 21 cm. A encadernación é cosida e as cubertas, brandas (cartulina gráfica con 2 lapelas de 12 cm). Faremos unha edición especial de 100 exemplares en tapa dura.
O diñeiro recadado irá destinado exclusivamente á impresión do libro e á elaboración de todas as recompensas. É un orzamento moi axustado pero se xeramos beneficios investirémolos en mellorar aspectos do libro, como facer unha tirada maior en tapa dura.
Imprenta = 3000 euros;
Recompensas = 500 euros;
Isto dános un total de 3500 euros que marcan o noso obxectivo!!
Calendario previsto
A edición está xa rematada, só falta o redeseño da cuberta para adaptalo á edición de peto (a imaxe da portada desta páxina é a da maqueta previa en tapa dura).
Entón, unha vez acadado o obxectivo, mandaremos o libro ao prelo para que o teñades canto antes nas vosas mans. En 3 semanas desde o final da campaña recibiredes o libro e as recompensas, con tempo suficiente para que vos familiaricedes coas herbas e poidades procuralas polo monte para o San Xoán deste ano.
Reparto das recompensas
Punto Pack é un método de envío entre comercios, en vez de ser a domicilio, o paquete chégavos a unha tenda, un “punto pack” (normalmente preto da casa). Avisaranvos ao enderezo electrónico que facilitastes cando chegue o paquete. Unha vez chegou ao destino, tedes 14 días para recollelo. Todo ben embalado e protexido con papel de burbullas para que chegue perfecto ás vosas mans.
+ Info
Podedes seguir a páxina que deseñei especificamente para este proxecto, así como o resto de redes sociais onde expoño o meu traballo.
Grazas polo interese!
12 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
María Jesús
Bo día,
Confirmo asistencia para este 7 de abril na Escola de Artes e Oficios de Vigo.
Con moitas ganas de vervos e de obter ese manuscrito tan valioso! Un bco!
Rocío Barreiro Rodríguez
Bo día,
Asistirei á presentación que realizaredes en Chicoria. Xa recollo alí os meus exemplares.
Aperta!
María Jesús Suárez Núñez
Noraboa por este precioso proxecto!
mariaribes
Un proyecto precioso!!!
Manayi
Ánimo, a por las tapas duras!!
Albafletcher
Non podo esperar a telo nas mans e analizalo coa miña nai e meu pai. Parabéns Paula por este increíble traballo! 💙
aula_d
Con moitas gañas de ver materializado este fermoso proxecto do que, co teu permiso, sentímonos tamén un pouco partícipes. Parabéns Paula !
Gabriel Julian
Nos conocimos tomando una caña y un bocadillo de calamares con un amigo que tenemos en común. Me explico tu proyecto y me encantó. Ahora ya estoy deseando recibirlo. Un fuerte abrazo
Ana Bravo
Que maravilla poder participar es este proyecto! Muchas gracias!!
Yolanda
Precioso libro!,deseando poder regalárselo a mi hija