❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Ar - Un disco de Gonçalo Guerreiro

“Ar” é un CD con 10 temas da miña autoria a partir de poemas de Fernando Pessoa na súa versión orixinal. Comigo colaboran os músicos Rosalía Vázquez, Antonio Romero, Richi Casás e Iago Blanco. O lanzamento do álbum celebrarase nun concerto no Auditorio do Centro Ágora (A Coruña) o día 2 de decembro.

Gonçalo Guerreiro

Un proyecto de

Categoría

Creado en

A Coruña
0
segundos
68
Aportaciones
2.340€
De 2.200€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Ar - Un disco de Gonçalo Guerreiro

"Ar" é o título deste traballo discográfico. Un CD con 10 temas creados a partir de poemas do poeta portugués Fernando Pessoa na súa versión orixinal. Comigo colaboran os músicos coruñeses Rosalía Vázquez (Violonchelo), Antonio Romero (Contrabaixo), Richi Casás (Saxos e Tropeta) e Iago Blanco (Batería).

Estas cancións xurden das sensacións e pensamentos que foron nacendo en min ao longo dos 18 anos que levo vivindo lonxe da miña cidade, Lisboa. Existen para que eu poida atopar memorias dela nos lugares por onde vou pasando.

Para lanzar o disco, realizaremos un concerto no Auditorio do Centro Ágora do Concello da Coruña o dia 2 de decembro. Os músicos compartirán escena coas actrices e os actores do Elefante Elegante. A escenografía e a iluminación completarán o concerto dándolle unha dimensión poética e teatral.

A que destinaremos as vosas aportacións

O diñeiro recaudado a través de Verkami será destinado a todo o que engloba a produción do disco e a todas as persoas que traballan na súa creación. A vosa colaboración é fundamental para que este proxecto se realice! Espero que o disfrutedes, a vós vai adicado!!!

Calendario previsto

Xuño a setembro - ensaios

Outubro – gravación en estudio

Outubro – fotos e composición gráfica do libreto

Novembro – masterización e realización de copias do CD

2 decembro – 21h00: Concerto de lanzamento e entrega das recompensas no Auditorio do Centro Ágora do Concello da Coruña

Sobre min

As miñas inquedanzas sociais gañan corpo artístico a través dos espectáculos de teatro que creamos no Elefante Elegante. Ar ten un rexistro máis persoal. Nace da necesidade de cantar o que fun sendo ao longo destes anos que levo de viaxe. Montemuro, Madrid, Reggio Emilia, Bruxelas, Holstebro, Helsinki, Zurich e Coruña.

A relación íntima coa voz permíteme reinventar o pasado e compartir o futuro. Ar é o presente. Son cancións enraizadas na música portuguesa que buscan unha sonoridade universal. Coido e desexo que vos identifiquedes nelas.

Enlaces

Youtube Gonçalo Guerreiro O guardador de rebanhos

Facebook Gonçalo Guerreiro

Youtube Gonçalo Guerreiro

Youtube Elefante Elegante

Web Elefante Elegante

Facebook Elefante Elegante

Youtube Gonçalo Guerreiro Fados

Youtube Gonçalo Guerreiro Presságio

Youtube Gonçalo Guerreiro Deixem-me sossegar

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

0 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies