QUE É VITAMINAS PARA O GALEGO?
O idioma galego necesita vitaminas. A lingua galega precisa de axudas. Entre os apoios fundamentais figuran os medios de comunicación que empregan, prestixian e difunden o xeito de falar dos habitantes do NO da Península Ibérica. A pluralidade de linguas é unha riqueza cultural que a humanidade debe protexer e cultivar. Para espallar esta idea xorde o proxecto "Vitaminas para o galego", impulsado polos medios en galego e que se centrará en eventos a desenvolver en distintas vilas galegas e nun festival que se celebrará en Santiago de Compostela na primavera do 2012.
QUEN IMPULSA VITAMINAS?
Promoven esta iniciativa Galicia Confidencial, Tempos Novos, Praza Pública, Novas da Galiza, Radiofusión, Valminor.info, quepasanacosta, Certo.gl. O Sil e Crónica3. Tamén Terrachá.xa, Crónicas da comarca (Arzúa - Melide), Radio Nordés (Vimianzo), Cadernos de Comunicación e Analise, Hermes e Atenea, surfgz.com, disquecool, Cabozo e Vencello. Son medios e redes sociais que teñen en común a utilización da lingua galega
QUE FAREMOS COA TÚA AXUDA?
Coa túa aportación contribuirás á realización desta campaña, axudarás ao pago dos calendarios, chapas e paraugas que distribuiremos por toda Galicia. Contribuirás á organización de eventos de sensibilización e apoiarás o mantenemento de medios que buscan vertebrar a comunidade, difundir o noso idioma e garantir a súa transmisión interxeneracional.
ONDE PODO ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN?
Listado de páxinas web dos medios de comunicación en galego:
Galicia Confidencial / Tempos Novos / Praza Pública / Novas da Galiza / Radiofusión, rede de emisoras municipais galegas / Certo / Que pasa na Costa / Val Miñor.info / Crónica 3 A Mariña / O Sil / Terra Chá As novas da praia / Disquecool
Web de Vitaminas para o galego
50 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
Medios en galego
Autor/a
Podes enviar o teu enderezo a:
vitamminasparaogalego@gmail.com
Enviaremoste a recompensa por correo ordinario.
Moitas grazas.
Vitaminas para o galego
rulinha
ola! Como vexo que non vou poder ir recoller a miña recompensa, habería xeito de que ma enviásedes á casa? (e algunha maneira que non sexa dándovos o meu enderezo por aquí, como xa vin algún.... ;) Obrigada!
Medios en galego
Autor/a
Pódelas facer a través do correo vitaminasparaogalego@gmail.com
Estamos a organizar un festival Vitaminas para o galego en Santiago de Compostela o venres 27 de abril
Roi
Podem-se seguir fazendo doazons?
Medios en galego
Autor/a
Mañá venres sairán por Correos todas as recompensas. Se nuns 3 ou 4 dias non as recibes, envianos un correo a vitaminasparaogaego@gmail.com
Moitas grazas
Ana
Fai 15 días recibín un email de Verkami Staff no que me pediron o meu enderezo para recibir a "recompensa" no meu fogar, pero non volvín a saber nada máis. Como está o tema?
Moitas grazas
Medios en galego
Autor/a
Tomamos nota. Nos vindeiros dias comezaremos a enviar as recompensas. Moitas grazas.
marcos melendez alonso
gustariame recibir no meu fogar as recompensas,o meu enderezo é vilaflor, nº 5, ramirás,32810 ourense,grazas
Medios en galego
Autor/a
Nos locais de Tempos Novos, Quepasanacosta, Ovalminor. info ou Radiofusión.
Radiofusión
Casa do Concello
15500 Fene (A Coruña)
981 492775
rulinha
Cales son os sitios onde poden recollerse as recompensas? É que non encontro a información no blogue :)